Queres saber máis?
É unha carne das chamadas xelatinosas, bastante magra, con menos nervios que o xarrete, graxa e saborosa ao padal; perfecta para asar ou guisar.
Toda a carne que vendemos en O Sabor dos Ancares procede de pequenas explotacións familiares da serra dos Ancares, na provincia de Lugo.
O manexo do gando faise de maneira tradicional, poucos animais (unha media de 20 vacas por familia), criados en liberdade e cunha alimentación completamente natural. As nais aliméntanse de herba e os tenreiros de leite materno (mínimo até os 8 meses), cereais, patacas, remolacha… Por iso poderás gozar do auténtico sabor da carne de tenreira.
Recibirás todos os produtos envasados ao baleiro e coa súa etiqueta de trazabilidade e consumo preferente, acompañada da etiqueta de Tenreira Galega Suprema; selo de calidade que garante ademáis da procedencia, a calidade dos nosos tenreiros: animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e alimentados de maneira natural.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.