Queres saber máis?
O Redondo de Ternera Gallega Suprema é a cara externa da pata traseira. Ten moi pouca graxa e practicamente ningún nervio, o que fai que sexa unha peza de carne bastante seca, por iso se emprega para mechados, estofados ou para cociñar asada e rechea de diferentes ingredientes.
O Redondo de tenreira enviámolo envasado ao baleiro, para que se conserve na neveira durante unha semana (sempre que a bolsa estea sen abrir). Se non tes pensado cociñar o Redondo de tenreira nos días seguintes a recibir o pedido, recomendamos que o metas no conxelador, xa que é un tipo de carne que non perde propiedades ao ser conxelada e mantén todo o sabor.
A carne das nosas explotacións gandeiras ten o selo de garantía de Ternera Gallega Suprema. Este certifica que é carne de gran calidade, procedente de animais de entre 8 e 10 meses criados en liberdade nos Ancares. A alimentación e cría dos nosos becerros faise de forma tradicional, solo con produtos naturais como son o leite das súas nais, as patacas ou as forraxes.
Apostando por comprar carne a través da nosa web, estás contribuíndo a manter as oportunidades e a vida no rural da Comarca dos Ancares, onde teñen as explotacións gandeiras os nosos cooperativistas.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.
A túa valoración
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.