O sabor dos Ancares na túa cociña mesa casa
No 2019 as persoas socias da cooperativa A Carqueixa apostamos por confiar en ti. En ti, que che gusta a boa carne e queres que as gandeiras e os gandeiros recibamos un prezo xusto. En ti, que che gusta saber que axudas a manter uns Ancares vivos. A nosa carne directa á túa mesa.
Explosión de sabores no padal
Coidado especial e ausencia de procesados: calidade suprema
De cor rosa claro ou vermello suave, cunha infiltración graxa de cor nacarada, aspecto magro e textura mol. Unha carne para padales expertos pero tamén para aqueles que a proban de xeito temperán. O feito de non ser unha carne procesada propicia unha boa dixestión e unha dieta saudable e equilibrada.

Así traballamos
Unha liña segura dos Ancares até a túa casa
Para que non te preocupes por nada somos claros, así é o noso xeito de traballar cos animais e coa carne.
Animais en liberdade
Os nosos animais críanse na natureza desfrutando dos beneficios do medio rural dos Ancares. Vacas e becerros moi felices!!
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite que a carne conserve todo o seu sabor e a súa textura. Neste envase, podes conxelar a que che sobre (se che sobra).
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos, mantendo a temperatura axeitada. Chegará dos Ancares á túa casa nun periodo máximo de 15 días! Desde que sae das nosas instalacións ata que chega á túa casa, pasan menos de 24 horas.
Calidade suprema
A alimentación das vacas é 100% natural e vegana e os nosos becerros aliméntanse, principalmente, de leite. Están fortes e saudables!!
A nosa filosofía
A nosa aposta polo rural vivo e a riqueza dos Ancares.
O noso é un compromiso co rural e co proxecto vital das persoas que queren vivir nel. Somos gandeiras e gandeiros e estamos orgullosos de selo.

Carne cun prezo xusto

Dignificación do rural

Fixación de poboación

Mantemento de tradicións


Recuperación de zonas abandonadas

Incorporación de traballadores no rural

Novos pastos e bosques

Menor risco de incencio
As cifras
Un proxecto en crecemento
Disto falamos
As últimas entradas do blogue

Maricarmen Rodríguez Santín “Fíxome moita ilusión formar parte dun proxecto local coma O Sabor dos Ancares”
Maricarmen Rodríguez Santín é á última incorporación ao equipo d’O Sabor dos Ancares. Únese a Luis Estrada no noso posto do número 25 da Praza de Abastos de Lugo, permitíndonos aumentar o noso servizo e achegándonos o seu coñecemento do oficio e a súa dilatada experiencia no mercado local. Conversamos con ela sobre esta nova

“A xente di que o noso posto do mercado é coma unha fiestra aberta aos Ancares”
Na Carqueixa estamos de estrea! Este mes de outubro comezou a operar a nosa propia tenda física: unha carnicería no posto 25 da Praza de Abastos de Lugo. O venres 1 abriu por primeira vez as súas portas un posto decorado evocando as paisaxes e a arquitectura tradicional dos Ancares, a marca de identidade da

Concurso de Decoración do Posto da Carqueixa na Praza de Abastos de Lugo
BASES Primeira. ObxectoA cooperativa A Carqueixa pon en marcha un concurso para a decoración da porta exterior do seu posto de venda ao público na Praza de Abastos de Lugo. Segunda. Persoas destinatarias1. Poderán optar ao concurso as persoas físicas que cumpran cos seguintes requisitos:1.1. Aceptar integramente as presentes bases así como a resolución por
Quen somos
Sobre a cooperativa
No 2019 as persoas socias da cooperativa A Carqueixa cansamos de que se pagase moito pola nosa carne (as mellores carnicerías de todo o Estado) e de recibir moi pouco. Por iso apostamos por confiar en ti.
En ti, que che gusta a boa carne e queres que as gandeiras e os gandeiros recibamos un prezo xusto sen intermediarios.
A nosa carne directa dos Ancares a túa mesa.