Descubre a nosa historia, filosofía e métodos de traballo. Bótalle unha ollada aos videos e escoita a nosa voz. O noso compromiso é coa calidade do producto.
Somos unha cooperativa formada por 200 cooperativistas. A media de cabezas de gando que temos por cada un de nós é dunhas 25 vacas.
O noso compromiso é coa calidade e por iso toda a carne que sae da nosa cooperativa é de Ternera Galega Suprema.
Moitos de nós aínda facemos a trashumancia, percorremos coas nosas vacas 20 quilómetros ata os Ancares leoneses e a alimentación dos animais é completamente natural e ao aire libre. O alimento principal dos becerros é o leite que maman das nais.
As nosas vacas nunca están estabuladas, só en caso de que enfermen ou teñan que parir e precisen da nosa axuda.
Así, críanse fortes e saudables.
A nosa xestión é 100% respectuosa co medioambiente.
As nosas vacas tamén serven para ter os prados e montes limpos e reducir o risco de incendios. Ademais, grazas á nosa actividade contribuímos a fixar poboación e a un crecemento económico sostible da zona.
Somos a principal actividade económica dos concellos nos que se asentan os nosos cooperativistas.
Nos concellos nos que nos asentamos hai parroquias que perderon, en 15 anos, o 65% da poboación, a media está no 30%. De seguir esta progresión, en 30 anos non habería habitantes.
E nós traballamos para que non sexa así, porque o noso é un compromiso inequívoco co rural e co proxecto vital das persoas que queren vivir nel. Somos gandeiras e gandeiros e estamos orgullosos de selo.
Se queres ver in situ a nosa actividade estaremos encantados de recibirte para ensinarche as nosas vacas e as fermosísimas paisaxes dos Ancares.
‘O sabor dos Ancares’ é a web da cooperativa A Carqueixa onde podes comprar online carne Tenreira Galega Suprema da mellor calidade e sen intermediarios. As nosas vacas aliméntanse de xeito natural e crían en liberdade nos montes dos Ancares. Mercando a nosa carne, estás contribuíndo a manter un rural vivo.
670 300 380
Pedidos telefónicos ou WhatsApp
A Carqueixa 2020 · Aviso legal e política de privacidade · Política de cookies · Condición de contratación · Deseño web
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.