A Carne

As vacas e os becerros son o máis importante para nós. Coidámolos e mimámolos. Escapamos de modelos intensivos para crear a simbiose perfecta vaca-becerro.

Cría tradicional

Sabías que a nosa cría non se trata dun modelo intensivo? Levamos a cabo técnicas e habilidades transmitidas de xeración en xeración.

Alimentación suprema

A receita que convirte a nosa carne en única son os alimentos de becerros e vacas e a crianza en liberdade.

Sabor único

Descubre todas as sensacións dunha carne non procesada, apta para unha dieta saudable e equilibrada.

Envasado e transporte

Sabías que a carne vai directamente dos Ancares a túa casa mediante un sistema de envasado e transporte con todas as garantías?

O noso producto

A nosa carne procede dos becerros que se crían de xeito tradicional, tan tradicional que moitos de nós aínda facemos a trashumancia.

As súas nais xa teñen pedigrí nisto da carne.

Ademais, a diferenza do modelo intensivo, os becerros quedan con súa nai, creándose unha simbiose vaca-becerro, que favorece o bo facer das persoas que forman a cooperativa.

Os métodos que integran o noso corpus de habilidades foron pasando de xeración en xeración, co resultado do coñecemento do aproveitamento de recursos propios e o coidado dos animais.

E ti preguntaraste: e cal é a diferenza con outras carnes?

Pois ben, os nosos becerros, os becerros dos Ancares, da Cooperativa A Carqueixa, aliméntanse a base de lactancia materna ata os 7 meses e con forraxes, cereais, patacas e produtos da horta como complemento.

Iso, coa súa crianza en liberdade ten como resultado unha calidade dificilmente superable.

Carne O Sabor dos Ancares

Atopa a mellor calidade na nosa tenda

Os nosos controis de calidade están presentes en todo o desenvolvemento dos becerros e das súas nais.

Os alimentos das vacas están libres de calquera tipo de alimentación animal ou substancia nociva, polo que o leite que lle suministran aos seus becerros é prácticamente perfecto.

En canto á carne, destaca por provocar unha explosión de sabores no padal de quen a proba, cunha mestura intensa e agradable.

A súa cor é rosa claro ou vermello suave, cunha infiltración graxa de cor nacarada, aspecto magro e textura mol.

En resumo: é unha carne para padales exquisitos pero tamén para aqueles que a proban de xeito temperán. O feito de non ser unha carne procesada propicia unha boa dixestión e unha dieta saudable e equilibrada.

O proceso de envasado ten as máximas garantías sanitarias e conserva no tempo o sabor e a textura do produto. O envasado ao baleiro propicia unha boa conservación e permite a conxelación do produto.

A carne sairá dos Ancares directa a túa mesa.

Carne O Sabor dos Ancares