Preguntas Frecuentes á hora de comprar carne online en O sabor dos Ancares

A carne das nosas explotacións gandeiras dos Ancares directa ata a túa casa, dunha forma sinxela e con todas as garantías de calidade.

Os envíos

Todos os cortes de carne envásanse ao baleiro na sala de despece, o que significa que durante todo o proceso de transporte non van a entrar en contacto con ningún elemento externo. Ademais, as bolsas ca carne levan unha caixa de cartón que as protexe durante o transporte.

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño. Cunhas condicións de temperatura axeitadas durante todo o proceso de transporte e sen romper en ningún momento a cadea de frío. Somos conscientes de que unha carne de calidade ten que ter un transporte de calidade.

O teu pedido chegará dos Ancares á túa casa nun período máximo de 15 días, aínda que normalmente tardamos entre 4 e 10 días. Non somos unha cárnica industrial. O noso proceso de cría é tradicional, o que significa que precisa os seus tempos (os que marca a natureza). Pero podemos asegurarche que a espera merece a pena.

Enviarémosche unha mensaxe por Whatsapp ao número de teléfono que nos facilites cando fagas o pedido. Se ese día de entrega non che vai ben, buscaremos alternativas para atopar a mellor forma de que recibas o pedido comodamente.

Facemos envíos a España (Península) e a Portugal (Península). Pero se o teu domicilio se atopa fóra destas zonas, ponte en contacto con nós e consultamos ca nosa empresa de transportes se podemos facer os envíos ao teu domicilio.

A carne

O selo de Ternera Gallega Suprema garante a calidade e a orixe de toda a carne das nosas explotacións gandeiras. Avala que se trata de carne de animais de entre 8 e 10 meses de idade, criados en liberdade en Galicia (no noso caso na Serra dos Ancares) e alimentados de xeito natural.

Os becerros da Cooperativa A Carqueixa aliméntanse a base de lactancia materna ata os 7 meses e con forraxes, cereais, patacas e produtos da horta como complemento. Iso, coa súa crianza en liberdade, ten como resultado unha calidade e un sabor dificilmente superable. O feito de non ser unha carne procesada propicia unha boa dixestión e unha dieta saudable e equilibrada.

Todas as nosas pezas de carne van etiquetadas ca súa data de consumo preferente. Como todas as pezas de carne as enviamos envasadas ao baleiro, por norma xeral poden aguantar unha semana na neveira, sempre en cando non se rompa a bolsa e non collan aire. Recomendamos que conxeles a carne se non a vas a consumir os días seguintes a recibir o pedido, porque así consérvase durante máis tempo.

Sen dúbida a conxelación é a mellor forma de conservar a carne de tenreira máis tempo, xa que non perde propiedades nin sabor.

A Cooperativa

Detrás de O sabor dos Ancares están as 200 familias dos Ancares que forman parte da cooperativa A Carqueixa. A media de gando que ten cada unha das explotacións gandeiras da cooperativa é dunhas 25 vacas.

No ano 2019, os socios e socias da Cooperativa A Carqueixa cansamos de que os consumidores pagasen moito pola nosa carne nas mellores carnicerías do Estado. Esa mesma carne que se compraba a prezos irrisorios nas nosas explotacións gandeiras. Por iso apostamos por confiar en ti, que che gusta a boa carne e que queres que os traballadores do rural cobremos un prezo xusto polo noso traballo, evitando os intermediarios que controlan as canles de venda.

Somos gandeiros e gandeiras orgullosos de selo, e iso nótase na filosofía de vida e negocio que hai detrás do noso proxecto. As vacas e becerros das nosas explotacións gandeiras viven en liberdade durante todo o ano, solo se estabulan se están a punto de parir ou precisan que as vixiemos por algún motivo.

A alimentación das vacas é 100% natural. Os nosos becerros medran principalmente alimentados polo leite das súas nais, complementado con produtos naturais de produción local como poden ser as forraxes, as patacas ou a remolacha. Están fortes e saudables!!

Grazas á túa aposta por comprar a carne na nosa web, estás contribuíndo a facer sostible economicamente o noso modo de vida nos Ancares e a fixar a poboación na zona. Nós temos un compromiso inequívoco co rural, pero só co teu apoio e cun modelo de consumo diferente é posible mantelo.