Mari Carmen Fernández

Cociñando nos Ancares

Mari Carmen é unha verdadeira experta na cociña tradicional da nosa comarca.

Cada prato que sae da súa cociña é unha mostra deliciosa da nosa gastronomía e tamén a proba de que foron as mulleres da comarca as que conservaron e enriqueceron a cultura culinaria local durante décadas.

Mari Carmen elabora as receitas tradicionais que enviamos como pratos xa cociñados a través da nosa web a calquera punto da península. Cas mellores materias primas e alimentos locais, elabora as receitas co auténtico sabor dos Ancares.

Grazas á súa dedicación e paixón pola cociña, Mari Carmen é unha verdadeira embaixadora da nosa riqueza e cultura gastronómica, impartindo cursos, cociñando en degustacións e participando en actividades para difundila e poñela en valor.