Queres saber máis?
O Rabillo de tenreira é un corte de carne moi saboroso que normalmente se cociña asado nunha peza enteira porque se mantén zumenta e sonrosada por dentro (Rosbif). Tamén se poden facer medallóns de rabillo de tenreira, que se adaptan moi ben para facer escalopíns (prato que triunfa entre os máis pequenos da casa).
O Rabillo, ao igual que todas as pezas de carne da nosa web, teñen a categoría de Ternera Gallega Suprema, porque a súa procedencia é de animais entre 8 e 10 meses, criados en liberdade nos Ancares. A alimentación das nosas vacas e das súas crias é a base de produtos naturais, por iso a nosa carne é saborosa e de calidade.
Enviamos o teu pedido envasado ao baleiro. Sempre e cando non se abra a bolsa, a peza de carne pode ser conservada na neveira durante unha semana. A embalaxe é apta tamén para o conxelador, polo que podes conxelar o rabillo e a cadeira de tenreira, se non o vas a consumir inminentemente, e que este manteña todas as súas propiedades intactas durante máis tempo.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.
A túa valoración
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.