Caldo galego

O Caldo galego é unha das comidas máis valoradas da nosa gastronomía. Con ela combatemos os fríos invernos na Serra dos Ancares.

Preparamos o noso caldo conxugando tempo e agarimo, con ingredientes seleccionados da horta dos nosos produtores, escollendo sempre verdura de tempada. Un prato delicioso e saudable.

  • Sen abrir, conservase unha semana no frigorífico (ver data do envase).
  • Listos para consumir. Quentar e desfrutar; no microondas (2-3 min) ou na pota ( 5 min).
  • Envíos en transporte refrixerado. Elaboramos e enviamos a principios de semana, para que o recibas os mércores.

Racións de 400 g/unidade aproximadamente.

Desde 6,50 

Queres saber máis?

No caldo galego de O Sabor dos Ancares atopamos suave e delicada verdura do momento (variando entre verza, grelo, nabiza ou repolo segundo a colleita), tenras fabas e pequenos anacos de patacas case desfeitas; froito da coción prolongada e pausada na auga das montañas dos Ancares, á que se lle engade un pequeno anaco de unto aportando un gusto enxebre único.

Esta cociñeira trasládanos á esencia das cociñas das nosas aldeas mediante un rico e reconfortante prato de culler con numerosas propiedades antioxidantes e antifloxísticas sobre o organismo. Unha receita das de toda a vida, que sabe e senta de marabilla.

Para desfrutalo só terás que quentalo, recomendámosche poñelo nunha pota durante 5 minutos ou tamén introducilo directamente 2-3 minutos no microondas, perforando previamente a tapa do noso recipiente.

Como todos os nosos pratos cociñados, está elaborado con produtos naturais e sen conservantes. Poderás consumilo ao longo de toda unha semana, sempre que estea sen abrir e no frigorífico, grazas ó seu envasado en bandexas termoseladas con atmosfera protectora (consultar data de caducidade no envase).

Recibirás o teu pedido nun transporte refrixerado desde a nosa cociña ata a túa porta. Tras abrir, conservar entre 0 e 4 ºC protexido con film e consumir nun prazo de 24 horas.

Nesta cooperativa vendemos os nosos produtos directamente ó consumidor final, logrando así un desenvolvemento económico sostible na Serra dos Ancares lucenses, dignificando o traballo no rural de máis de 200 familias. Mercando Sabor dos Ancares, mercas produtos de calidade e defendes un xeito de vida.

Ingredientes

Auga, patacas, verzas, fabas, manteca de cerdo, sal

Este prato pode conter outros alérxenos. Se tes algunha dúbida ou petición especial, ponte en contacto connosco!

Valor Nutricional (valores medios por cada 100 g)

Valor enerxético – 182kj / 43,3 kcal
Graxas – 1,63 g (das cales, saturadas – 0,34 g)
Hidratos de carbono – 1,23 g (dos cales, azúcres 0,79 g)
Proteínas – 5,92 g
Sal – 0,67 g

A túa valoración

2 valoracións en Caldo galego

  1. 5 out of 5

    DANIEL

    EN XERAL TA MOI RICO

  2. 5 out of 5

    DANIEL

    En xeral, ta moi rico!

Engadir unha valoración

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.