Hamburguesas de Tenreira Galega Suprema
Son hamburguesas supremas, porque están feitas de carne de Ternera Gallega de calidade suprema. Envasadas ao baleiro e packs de dúas unidades.
Podes seleccionar o grosor que prefiras:
- Fino, hamburguesa de 100gr
- Normal, hamburguesa de 125gr
- Groso, hamburguesa de 150gr
10,50 €/kg
Queres saber máis?
As hamburguesas de tenreira elevadas a outro nivel. Seleccionamos pezas de carne totalmente magra para facer as nosas hamburguesas supremas, isto dalles un bo equilibrio en canto a textura e sabor.
Podes comprar hamburguesas online e recibila directamente na túa casa, da forma máis cómoda: cun transporte refrixerado que garante a súa calidade. Enviamos as hamburguesas envasadas ao baleiro en bolsas que conteñen dúas unidades.
Sen abrir a bolsa, poden conservarse uns días na neveira, aínda que ao tratarse de carne picada, é recomendable que se non se vai a consumir na semana en que se recibe o pedido, sexa conxelada. As hamburguesas de tenreira, non perden sabor nin propiedades no conxelador.
As hamburguesas de tenreira, están feitas en Galicia con carne de calidade suprema, por iso teñen o selo de Ternera Gallega Suprema que certifica a procedencia galega e tamén que se trata de carne de animais criados en liberdade, alimentados con produtos naturais e de entre 8 e 10 meses.
A carne desta web, procede das explotacións de máis de 200 cooperativistas da zona de Os Ancares, que decidimos vender online a nosa carne de xeito directo, evitando os intermediarios. Deste xeito podemos ofrecer a máxima calidade ao consumidor, a un prezo xusto tanto para os consumidores como para nós, os gandeiros.
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Minia –
habia tempo que non probaba unha carne tan rica, lembroume a miña infancia!