Cachopo de Tenreira

O cachopo de tenreira de O Sabor dos Ancares consiste en dous filetes da nosa mellor carne empanados e recheos de queixo e xamón serrano.

Cada cachopo ten un peso aproximado de 230 g/Ud e envíase en packs de 2 unidades.

11,60 

Queres saber máis?

O Cachopo é unha receita tradicional Asturiana cada vez máis presente na nosa cociña.

O cachopo de tenreira de O Sabor dos Ancares é unha das novas delicias que poderás degustar na nosa tenda, mantendo toda a esencia da nosa carne, acompañada de produtos inmellorables.

Feito cos mellores ingredientes de proximidade e de calidade suprema: filetes de tapa, contra ou redondo de O Sabor dos Ancares (cortes supremos da tenreira), recheos con Queixo e Xamón Serrano , pan relado, sal e perexil.

O Queixo, de orixe galego, está elaborado con leite de pastoreo de vacas que pacen en liberdade.

O Xamón Serrano é un delicioso produto que se obtén a partir da salgadura e secado ao aire do pernil do porco.

Recibirás o cachopo de tenreira envasado ao baleiro como todos os  produtos de O Sabor dos Ancares; recomendamos que o consumas nos 2 ou 3 días posteriores á súa recepción sen sacalo da bolsa na que chega.

Todos os nosos produtos son de Km 0,  proveñen de produtores e produtoras responsables co medio que seguen mantendo manexos tradicionais do gando.

Lembra que comprando en O sabor dos Ancares fas posible un rural vivo na zona dos Ancares, mantendo a súa biodiversidade e encanto.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Cachopo de Tenreira”

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.