Costela enteira de Tenreira Galega Suprema

Costela enteira ou tira de asado son algúns dos nomes polos que se coñece a esta peza da tenreira, cuxo corte está formado por óso e carne ben filtrada de graxa.

Desde 12,90 /kg

Queres saber máis?

A costela ou tira de tenreira úsase normalmente para asar, guisar, grellada ou como complemento do cocido.

Esta peza localízase no terzo anterior da tenreira. Son unha serie de ósos que inclúen parte da carne da faldra e os músculos que se apoian na parte baixa das costelas.

Ten dúas partes: a do dianteiro onde a carne é máis  magra, e a do traseiro onde o  costelar é máis groso e a carne é máis graxa.

O modo tradicional de cría dos nosos becerros fai que, do mesmo xeito que o resto dos nosos produtos, a costela de Tenreira Galega Suprema de O Sabor dos Ancares sexa dunha calidade e sabor extraordinaria.

Mandarémosche a costela envasada ao baleiro, poderás mantela na neveira durante 2 ou 3 días (sempre que non se saque da bolsa ou se perda o baleiro) e se a queres conservar por máis tempo podes conxelala: a carne de tenreira non perde propiedades no conxelador. Recomendamos conxelala na propia bolsa na que se envía.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

 

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Costela enteira de Tenreira Galega Suprema”

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.