Carne para receitas tradicionais galegas

Un lote de carne pensado para preparar as receitas galegas de toda a vida: caldo, callos e carne ao caldeiro. Neste lote encontrarás:

  • Falda
  • Callos
  • Óso

Todos os nosos produtos proceden de animais que pastan en liberdade nos montes de Os Ancares e contan ca certificación de Ternera Gallega Suprema.

Cantos máis lotes engades á túa cesta, máis desconto verás no prezo final.

Desde 35,30 

Envío gratuíto en pedidos superiores a 75€

Queres saber máis?

De todos é coñecido que para que unha receita funcione, hai que contar cunha boa materia prima de base. Neste lote xuntamos os ingredientes base de tres receitas tradicionais galegas: callos, carne ao caldeiro e caldo.

3 kg5 kg10 kg
1 kg Callos2 kg Callos4 kg Callos
1,5 kg Falda2 kg Falda4 kg Falda
0,5 kg Ósos/Huesos1 kg Ósos/Huesos2 kg Ósos/Huesos

Os callos levan partes do estómago e da pata da tenreira. Empréganse para facer un dos guisos estrela da cociña galega, que se pode acompañar de garabanzos, chourizo e outras salazóns.

Para facer a carne ao caldeiro emprégase unha parte da tenreira que se chama falda, que leva óso e tamén algo de grasa. É unha receita de elaboración moi sinxela, na que a carne ten que ser de gran calidade para que teña un gran sabor e textura.

No receitario galego, non faltan os caldos elaborados con verduras de tempada, patacas ou diferentes tipos de salazóns. Neste lote enviamos ósos de caña, da pata da tenreira, para poder facer unha boa base para caldos e sopas diferentes.

A carne que vendemos a través da web da nosa cooperativa, ten a certificación de Ternera Gallega Suprema, o que garante a súa máxima calidade e a procedencia de animais de entre 8 e 10 meses de idade, criados en liberdade na Serra dos Ancares e alimentados con produtos 100% naturais.

Todos os produtos da nosa web enviámolos envasados ao baleiro, para un mellor transporte e tamén para que conserven as súas propiedades durante máis tempo. Os envíos facémolos en transporte refrixerado, creando unha liña segura para que chegue ao seu destino nunhas condicións óptimas.

A túa valoración

1 valoración en Carne para receitas tradicionais galegas

  1. 5 out of 5

    Jose Luis Gallego Martínez

    10

Engadir unha valoración

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.