A carne dos que desfrutan da carne
Cortes de carne de tenreira especiais para cociñar Volta e Volta:
- Chuletas
- Hamburguesas
- Filetes
Este é o lote ideal para quen desfruta da carne á brasa, á grella ou á prancha.
Cantos máis lotes engades á túa cesta, máis desconto verás no prezo final.
Desde 57,75 €
Envío gratuíto en pedidos superiores a 75€
Queres saber máis?
Un lote de hamburguesas, chuletas e filetes con todo o sabor da carne dos Ancares, directa á túa mesa. Calquera destes cortes de carne poden cociñarse á brasa, á grella ou á prancha. O importante é atopar o punto xusto para contentar a cada comensal.
Podes comprar o noso lote de carne Volta e volta en tres formatos, en función do seu peso. Estes son aproximadamente a cantidade de cada un dos cortes de carne que contén:
3 kg (para 1 persoa) | 5kg (para 2 persoas) | 10kg (para 4 persoas) |
---|---|---|
1 Kg Hamburguesas | 1,5 Kg Hamburguesas | 3 Kg Hamburguesas |
0,75 Kg Chuletas | 1 Kg Chuletas | 2 Kg Chuletas |
1,25 Kg Filetes | 2,5 Kg Filetes | 5 Kg Filetes |
Enviamos todos os cortes de carne envasados ao baleiro:
- Hamburguesas envasadas en bolsas de 2 unidades.
- Filetes envasados en bolsas de 250gr no lote de 3kg, en bolsas de 500gr no lote de 5kg e en bolsas de 1kg no lote de 1okg.
- Chuletas envasadas en bolsas de 375gr no lote de 3kg e en bolsas de 1kg nos lotes de 5kg e 10kg.
Sempre que conserven o baleiro (que non se rompa a bolsa ou entre aire nela), podes conservar a carne na neveira durante aproximadamente unha semana. Se queres conservar a carne durante máis tempo, podes meter no conxelador os cortes de carne que non vaias a consumir nos días posteriores a recibir o teu lote de carne a domicilio. A tenreira é un tipo de carne que se conserva conxelada sen perder propiedades nin sabor.
O sabor dos Ancares é froito dun proceso de cría natural que facemos con agarimo nas nosas explotacións gandeiras. Somos gandeiros e gandeiras orgullosos de selo, e iso nótase no produto que conseguimos: carne da máxima calidade. O selo de Ternera Gallega Suprema avala a procedencia de animais de 8 a 10 meses de idade, criados en liberdade e alimentados exclusivamente con produtos naturais (principalmente co leite das súas nais).
Comprando carne online a través da nosa web, estás axudando a eliminar intermediarios no noso proceso de venta. Por iso podemos ofrecer carne de primeira calidade a un prezo xusto, tanto para o consumidor como para os gandeiros e gandeiras, axudando a dignificar o rural e á redistribución da riqueza dun xeito máis sostible.
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Isabel Faraldo –
A miña valoración eñé pola iniciativa a espera de comprobar resultados
Ralf –
excelente carne, muy buen precio y servicio de entrega perfecto.