Queres saber máis?
O Lote Jalan da Carqueixa é pensado para todas aquelas persoas que están interesadas en coidar a súa saúde: corazón e fígado de Tenreira Galega Suprema.
Son moitas as propiedades beneficiosas que podes atopar nestes produtos, o corazón de tenreira é unha marabillosa fonte de nutrientes, moi beneficioso para a saúde, con alto contido en ferro e en vitaminas B12,B5. Cada 100 gramos deste alimento, contén 17 gramos de proteínas e 4 gramos de graxa, non contén carbohidratos, achegando 104 calorías á dieta. O fígado de tenreira destaca sobre todo polo seu contido en proteínas de alto valor biolóxico e en minerais: ferro, zinc, cobre, potasio, fósforo e selenio. Ademais o fígado é a maior fonte de vitamina B12.
Ademais de todas as súas propiedades nutricionais, tanto o corazón como o fígado de tenreira contan cun sabor intenso e cunha textura singular. Admiten unha gran variedade de preparacións, pero as máis habituais son os filetes (á prancha ou empanados) ou os guisos.
O noso compromiso é coa calidade, por iso toda a carne que sae da nosa cooperativa é de Tenreira Galega Suprema, o selo que garante a súa procedencia de animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e cunha alimentación natural (leite materno, herba das leiras das explotacións gandeiras dos Ancares e outros produtos de produción local como poden ser as patacas ou a remolacha).
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.