A carne dos que lles gusta cociñar
Un lote de carne de tenreira pensado para os e as que desfrutan cociñando. Diferentes cortes de carne de primeira calidade directa dos Ancares á túa mesa:
- Carne picada
- Xarrete
- Redondo
- Espaldilla
- Pez/Llana
- Agulla
Cantos máis lotes engades á túa cesta, máis desconto verás no prezo final.
Desde 44,30 €
Envío gratuíto en pedidos superiores a 75€
Queres saber máis?
Os diferentes cortes de carne envíanse envasados ao baleiro para que conserven durante máis tempo todo o seu sabor e a súa frescura. O teu lote viaxará en transporte frigorífico ata o teu domicilio, para que o recibas coa máxima garantía de calidade. Desde que a carne sae das nosas instalacións ata que chega ao teu domicilio, pasan menos de 24 horas.
Temos tres formatos diferentes do noso lote de carne Chef, a continuación detallamos de xeito aproximado as cantidades de cada un deles, en función do seu peso:
3 kg (para 1 persoa) | 5kg (para 2 persoas) | 10kg (para 4 persoas) |
---|---|---|
0,5 Kg Carne picada | 0,75 Kg Carne picada | 1,5 Kg Carne picada |
0,5 Kg Jarrete | 0,75 Kg Jarrete | 1,5 Kg Jarrete |
0,5 Kg Redondo | 0,75 Kg Redondo | 1,5 Kg Redondo |
0,5 Kg Espaldilla | 1,25 Kg Espaldilla | 2,5 Kg Espaldilla |
0,5 Kg Pez / Llana | 0,75 Kg Pez / Llana | 1,5 Kg Pez / Llana |
0,5 Kg Aguja | 0,75 Kg Aguja | 1,5 Kg Aguja |
Somos gandeiros e gandeiras e estamos orgullosos de selo. Iso nótase no noso compromiso coa calidade. Os nosos becerros viven en liberdade e aliméntanse exclusivamente de produtos naturais como o leite da súa nai ou patacas e remolacha. Facemos unha cría tradicional e aplicamos as rigorosas exixencias do selo Ternera Gallega Suprema.
Creamos unha liña segura para facer os envíos desde Os Ancares ata a túa casa. O noso sistema de empaquetado ao baleiro permite que a carne conserve todo o seu sabor e textura. Nesta embalaxe, sempre e cando non se abra a bolsa, pode varios días na neveira, pero tamén os podes conxelar para que se conserven durante máis tempo. Cada corte de carne que enviamos no lote, leva indicada a súa data de caducidade.
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Natalia López –
Exquisita a carne, cómoda a presentación tanto polo envasado coma polo etiquetado, …
Un luxo na casa. Grazas
Loli Cerqueira –
Habría la posibilidad de eliminar la carne picada y las hamburguesas y aumentar, por ejemplo las chuletas o la costilla?
Gracias.
Carqueixa Cooperativa –
Sí, para eso es mejor llamar al 670300380. Un saludo
Sonia –
Mandáis fora de Galicia?
Carqueixa Cooperativa –
Sí, a toda a península e a baleares.
un saúdo
Antonio Jiménez López-Sors –
Espectacular!!!!
Carqueixa Cooperativa –
Grazas Antonio!!
Miguel –
Moi ben o envío, o etiquetado e a calidade da carne! Repetiremos.
Carqueixa Cooperativa –
Moitas grazas!
Sonya –
Buenísima la carne, que ilusión comer carne de los ancares, aquí en Barcelona no encuentras carne así, bastante difícil. De momento nos quedan las chuleas y algo más, pero repetiremos seguro. Un abrazo
Rosa Maria Piñeiro –
Exquisita, para repetir, de hecho voy hacer un pedido estos dias
Feli –
A carne exquisito, envasado perfecto, información clara. Vou repetir
Xulia Martínez Pedreira –
Excelente produto, marabillosa presentacion e coidadosa atención cara nós