Filetes de Contra, Tenreira Galega Suprema

Os filetes de Contra proceden da pata traseira do animal. É unha carne moi magra, que non contén grasa nin nervios. Podes solicitala nun corte único de carne ou fileteada.

Desde 15,95 /kg

Queres saber máis?

A Contra de tenreira é unha peza de carne magra, con pouca grasa. Os filetes teñen boa presencia e sabor, son os que se expoñen en case todas as carnicerías, pero non son tan tenros como os que se obteñen doutras zonas da tenreira.

Os filetes de Contra fanse empanados ou tamén se empregan para San Jacobos. Ademáis, a peza de Contra sen filetear, podes empregala para guisar ou asar.

Enviamos os filetes de Contra envasados ao baleiro, nunha embalaxe que, sen abrir, pode conservalos varios días na neveira. Todas as embalaxes levan etiquetaxe ca data de consumo preferente. En caso de non consumilos nos días posteriores a recibir o pedido, recoméndase gardalos no conxelador para que se conserven durante máis tempo e non perdan propiedades.

O compromiso dos nosos cooperativistas é ca calidade, e sabemos que é o que vai facer que continúes comprando a carne de tenreira na nosa web, sen intermediarios e cun prezo xusto tanto para ti (o consumidor), como para nós, os gandeiros e gandeiras da Serra dos Ancares.

Os filetes de Contra, ao igual que o resto da carne das nosas explotacións gandeiras, levan o selo de Ternera Gallega Suprema, que garante a procedencia de animais entre 8 e 10 meses, criados en liberdade en Galicia e alimentados de xeito natural. Cremos na cría natural e tradicional, e iso nótase no sabor e na calidade da nosa carne.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Filetes de Contra, Tenreira Galega Suprema”

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.