Queres saber máis?
- O pez de tenreira é unha peza alongada, tenra e zumarenta; cun nervio que a percorre en toda a súa lonxitude e que separa as dúas partes magras, pero que se extrae con facilidade.
Este corte de Tenreira Galega Suprema de O Sabor dos Ancares, é perfecto para asar, ao forno, estofar ou con recheo pois é unha carne con moito sabor.
Envíase envasado ao baleiro, igual que o resto de produtos que vendemos online, e coa súa data de consumo preferente, aínda que coa embalaxe sen abrir, pode conservarse durante varios días na neveira, malia que sempre recomendamos conxelala ao momento da súa recepción se non se vai consumir nos días inmediatamente posteriores.
Conxelada e envasada ao baleiro, mantéñense todas as propiedades e sabor da tenreira.
A carne que podes comprar na web de O Sabor dos Ancares procede unicamente das explotacións gandeiras familiares que os cooperativistas da Carqueixa xestionan na comarca dos Ancares, en Galicia.
Esta orixe é de por si unha garantía de calidade.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.