Filetes de Babilla, Tenreira Galega Suprema

Os filetes de Babilla son cortes de carne dunha parte moi tenra da pata, podes solicitar que enviemos a peza enteira ou fileteada. Carne de primeira calidade directa dos Ancares á túa mesa.

Desde 17,95 /kg

Queres saber máis?

Os filetes de Babilla son moi zumarentos, polo que son un corte de carne axeitado para facer á prancha ou á grella.

Toda a carne que podes comprar online na nosa web é de Tenreira Galega Suprema, animais de entre 8 e 10 meses criados en liberdade e alimentados de xeito natural a base de leite e outros produtos exclusivamente naturais.

Creamos unha liña directa para enviar a carne das nosas explotacións gandeiras á túa casa, sen que perda nin un pouquiño de sabor. Envasamos a carne ao baleiro e un transporte refrixerado lévaa ata o teu domicilio conservada á temperatura ideal.

Nas bolsas, envasadas ao baleiro, os filetes de Babilla consérvanse durante varios días na neveira, pero recomendamos que conxeles a carne que non vas a comer nos días posteriores a recibir o pedido. A carne de tenreira non perde propiedades ao conxelala e podes metela no conxelador directamente na bolsa na que a enviamos envasada ao baleiro.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Filetes de Babilla, Tenreira Galega Suprema”

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.