Queres saber máis?
A Agulla de tenreira é unha das pezas de carne máis versátiles á hora de cociñar. Pode empregarse para cocido, estofado, carne ao caldeiro, guisos ou mesmo para facer ao forno. É unha peza tenra e zumarenta.
A agulla de tenreira envíase nunha única peza ou podes seleccionar tamén que a enviemos en anacos, estilo ragout. Como todas as pezas de carne que vendemos online, envasada ao baleiro. A carne vai etiquetada ca súa data de consumo preferente. Ca embalaxe sen abrir, pode conservarse durante unha semana na neveira, pero recomendamos que se non se vai consumir nos días seguintes a recibir o pedido de carne, esta se meta no conxelador. Conxelada, a tenreira mantén as súas propiedades e sabor.
A tenrura e sabor da Agulla, é o resultado dunha alimentación natural dos animais (leite materno complementado con produtos cultivados en Galicia como as patacas). O selo de calidade Ternera Gallega Suprema, certifica que a nosa carne procede de animais entre 8 e 10 meses, que foron criados en liberdade.
En O sabor dos Ancares podes comprar carne galega online, sen intermediarios, cun prezo xusto tanto para os gandeiros como para o consumidor.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.
A túa valoración
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.