Traémosche unha receita dun petisco orixinal e diferente coa nosa carne de terneira galega suprema para que arrases o día 25
Ingredientes:
- Filetes de O Sabor dos Ancares
- 1litro de aceite
- 1/2 litro de soia
- Especias: albahaca, tomillo, pementa (aromatizamos ao gusto)
- Follas de grelo
- Queixo de Arzúa – Ulloa
- Perexil para a decoración
Elaboración:
Mesturar o aceite e a soia e engadir as especias ao gusto. Meter os filetes que se desexan de O Sabor dos Ancares, sempre que queden cubertos. Deixar un día a marinar.
Ao día seguinte escaldar as follas de grelo e logo pasalas pola prancha para que queden crocantes. Cortar queixo Arzúa-Ulloa en taquiños e poñelo enriba da folla de grelo. Picar en cadradiños a carne marinada e poñela enriba tal e como se pode ver na foto. Decorar con perexil.