Nós traballamos para que ti quedes na casa

Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
Share on print

Nos últimos tempos vivimos un desmantelamento xeral da estrutura produtiva do sector primario. Isto é contradictorio coa situación que estamos a vivir. O goberno anunciou a posibilidade de pechar as fronteiras o cal deriva na evidencia de que teremos que alimentarnos de produtos de proximidade e producidos no Estado. Isto, á súa vez subliña a importancia do sector primario e de ser un país produtor e non importador.

Por iso queremos dedicar este post a todas e todos os agricultores e todas e todos os gandeiros porque eles continúan a traballar arreo, esforzándose, camiñando, madrugando para que o resto da sociedade poida ter un maior benestar dentro do Estado de Alarma. As persoas da sanidade, dos servizos sociais, as traballadoras dos supermercados son indispensables pero as e os traballadores do sector primario tamén. Estamos vendo que todo o vinculado coa educación, a cultura e o ocio pode agardar pero a comida non.

Tamén queremos dedicalo a todas as persoas que seguides as nosas redes e mandarvos ánimos na corentena. Lembra que nós continuamos traballando para que ti quedes na casa. Tamén nos gustaría pedirvos aos que vivides en grandes núcleos que sexades responsables e respectedes as normas porque é fundamental que o rural estea limpo do COVID-19 para que poida continuar a ser produtivo.

Tamén che lembramos que podes facer o teu pedido na nosa tenda online se queres evitar as aglomeracións dos supermercados.

Ánimo! Entre todos habemos virala!