Filetes de Tapa, Tenreira Galega Suprema

Os filetes de Tapa úsanse para facer á prancha ou para fritir. Tamén se poden facer escalopíns para rebozar.

Desde 16,95 /kg

Queres saber máis?

Os filetes de Tapa que podes comprar online en O Sabor dos Ancares teñen o selo de calidade Ternera Gallega Suprema, que garante que proceden de animais de entre 8 e 10 meses criados en liberdade en Galicia e alimentados con leite materno e outros produtos naturais como as forraxes.

Os filetes de Tapa son carne de categoría A, procedentes dun corte de carne da cara interna da pata. É unha zona da que se obtén unha carne tenra e magra. A pouca presenza de graxa e nervios fan dos filetes de Tapa un dos cortes máis indicados para facer á prancha ou fritir.

Enviamos os filetes de Tapa á túa casa envasados ao baleiro, segundo as indicacións que nos fagas á hora de realizar o pedido. Na bolsa que empregamos como embalaxe e sempre e cando non se perda o baleiro, os filetes poden conservarse varios días na neveira.

Os filetes de tenreira e en xeral toda a carne de tenreira aguanta moi ben o proceso de conxelado, sen perder sabor ou propiedades. Por este motivo, recomendamos que conxeles as pezas de carne que non vaias cociñar de xeito inmediato, deste xeito poderás desfrutar de carne de calidade na túa mesa durante máis tempo.

Comprando carne online a través da nosa web, estás contribuíndo a facer un mundo máis sostible. Os gandeiros e gandeiras da nosa cooperativa podemos recibir un prezo xusto polo noso traballo, evitando os intermediarios. E ese prezo xusto trasládase tamén para os nosos consumidores, que poden acceder a carne de calidade suprema dos Ancares, directamente no seu domicilio.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Filetes de Tapa, Tenreira Galega Suprema”

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.