Queres saber máis?
Os filetes son unha das pezas máis tenras para cociñar á prancha ou á grella e que se manteñan zumentos e con sabor. Tamén se poden fritir, rebozar ou cociñar marinados. Os nenos e nenas son os que primeiro recoñecen a tenrura dos filetes de A Carqueixa, porque non fan bola e teñen un sabor suave.
Os filetes de tenreira envíanse en transporte refrixerado, seguindo uns rigorosos controis de calidade.
Recibiras o teu pedido envasado ao baleiro para que os poidas conservar nesa embalaxe durante uns días na neveira, pero se o consumo non é inminente, podes conxelalos tamén nese mesmo envase. A carne de tenreira non perde propiedades ao ser conxelada, polo que os poderás conservar e manter a tenrura.
Comprar filetes online na nosa web, é a forma máis directa de desfrutar na túa casa de carne de calidade e cun prezo xusto tanto para gandeiros como para consumidores.
A produción da nosa carne faise nas explotacións gandeiras dos cooperativistas e baixo os estritos estándares de calidade do selo Ternera Gallega Suprema, que garantiza a procedencia de animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade, que maman do leite da nai e aos que se lles complementa a alimentación con produtos naturais (como as patacas e a remolacha).
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.