Abre o envase ao baleiro do lote de O Sabor dos Ancares “Filetes”.
Para 4 persoas precisas:
Ovo, fariña e pan raiado para rebozar.
Un allo, unha cebola, sal e pementa negra.
Aceite de oliva.
150ml dun bo viño branco.
Adobamos os filetes con allo e sal. Deixámolos 10 minutos para que collan o adobo. Rebozamos na seguinte orde: fariña, ovo e pan raiado.
Fretimos os filetes, que queden menos pasados que unha milanesa e reservamos a metade do aceite no que os fretimos
Picamos unha cebola en juliana. Colocámola a modo de cama cubrindo todo o fondo dunha tarteira e botamos, coado, o aceite que reservamos. Engadimos 150ml de viño branco. Colocamos os filetes enriba. Engadimos pementa negra ao gusto.
Deixamos pochar todo a lume baixo MEDIA HORA. Apagamos e listo para comer.