Ruta da transhumancia – sábado 2 de maio

Vive a transhumancia nos Ancares. Acompaña aos pastores da cooperativa A Carqueixa e ao seu gando nunha travesía única pola Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, seguindo unha tradición milenaria que pervive en moi poucos lugares. Unha ruta esixente, salvaxe e auténtica, pensada para persoas que buscan algo máis ca unha simple andaina: unha conexión real co territorio, coa cultura e coa natureza.

  • Ruta de dificultade alta na montaña
  • 20 km e 8 horas de natureza en estado puro
  • Prazas limitadas
  • Pequena degustación da comida tradicional que levan os pastores
  • Seguro de Responsabilidade Civil
  • Guía oficial de sendeirismo

(Prezo por persoa. Indica no selector o número de persoas)

45,00 

Esgotado

Queres saber máis?

A transhumancia nos Ancares, unha experiencia única en Galicia

Adéntrate no corazón da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses para vivir unha das tradicións máis auténticas: a transhumancia. Nesta ruta acompañarás ás vacas da cooperativa A Carqueixa e aos seus pastores no desprazamento que fan de xeito anual en busca dos pastos máis verdes. Desde Piornedo ata as campas da alta montaña, xa na zona de León.

Non é só unha ruta de sendeirismo, é unha inmersión total nun modo de vida ancestral, nunha paisaxe de montaña espectacular e nun ecosistema de altísimo valor ambiental. Os Ancares ofrecen un dos escenarios naturais mellor conservados de Galicia, con cumios, vales glaciares e unha biodiversidade excepcional.

Unha experiencia intensa, esixente e profundamente auténtica.

Datos da ruta

  • Punto de encontro: Escola de Piornedo.
  • Hora de saída: 9.30 horas.
  • Distancia: 20 km
  • Duración: 8 horas aprox.
  • Dificultade: alta.
  • Percorrido: de Piornedo ao Monte das Charcas (Villafranca del Bierzo, León) e volta a Piornedo.

Para quen é esta ruta?

Esta é unha ruta dirixida a persoas que están afeitas ao sendeirismo e ás rutas de montaña. É importante contar cunha boa condición física e ganas de vivir unha experiencia intensa na natureza.

Equipamento recomendado

  • Calzado: botas de montaña
  • Roupa: sistema de capas (camiseta, polar, impermeable) + pantalón longo
  • Protección: gorra e crema solar
  • Hidratación: mínimo 1,5 litros de auga por persoa
  • Comida: cada participante traerá a súa comida para a xornada, aínda que a organización ofrecerá unha pequena degustación da comida que levan os pastores

Na compaña dos socios da Carqueixa

Durante a ruta estarás acompañado por persoas que coñecen este territorio de primeira man. Entre as persoas que irán está o noso cooperativista Toño de Moreira, actual presidente da Carqueixa e antigo traballador da Fundación Oso Pardo, con ampla experiencia en visitas educativas e turísticas vinculadas ao medio natural.

Tamén nos acompañará Lucía, responsable de proxectos da cooperativa e guía oficial de sendeirismo, que achegará unha visión próxima e auténtica do territorio, xa que é natural de Piornedo e filla de gandeiros.

Este equipo fará que a experiencia sexa non só unha ruta, senón unha verdadeira inmersión na cultura, no oficio e na vida da montaña.

Incluído na ruta

  • Guía oficial de sendeirismo
  • Seguro de Responsabilidade Civil
  • Experiencia real de transhumancia, acompañando as vacas e os pastores

Outra información importante

  • As prazas son limitadas, reserva a túa canto antes
  • A actividade poderá aprazarse ou cancelarse en función das condicións metereolóxicas
  • Non se permite a asistencia con cans (para evitar altercados co gando)

Unha vez realizada a reserva e o pago, poñerémonos en contacto contigo para solicitar os datos necesarios para a xestión do seguro e coordinar todos os detalles loxísticos. Se tes algunha dúbida podes contactarnos no teléfono ou Whatsapp: 618590273.

Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses é un dos espazos naturais máis valiosos e mellor conservados de Galicia, recoñecida pola UNESCO pola súa riqueza ecolóxica e cultural. Este territorio de alta montaña destaca polos seus espectaculares vales glaciares, bosques autóctonos de carballos e castiñeiros, e unha biodiversidade excepcional onde habitan especies emblemáticas como o oso pardo ou o urogallo. Ademais do seu valor ambiental, os Ancares son un exemplo vivo de convivencia entre o ser humano e a natureza, mantendo tradicións ancestrais como a transhumancia e unha arquitectura singular como as pallozas de Piornedo. Percorrer este espazo é mergullarse nunha paisaxe salvaxe e auténtica, onde cada paso conecta co equilibrio natural e coa historia viva da montaña galega.

Créditos fotográficos

Algunhas das imaxes que acompañan esta información son obra do fotógrafo Adra Pallón, quen nos acompañou nunha edición anterior desta ruta de transhumancia, documentando a esencia desta experiencia única.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ruta da transhumancia – sábado 2 de maio”

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.