Queres saber máis?
O corazón de tenreira é unha marabillosa fonte de nutrientes, moi beneficioso para a saúde, con alto contido en ferro e en vitaminas B12,B5. Cada 100 gramos deste alimento, contén 17 gramos de proteínas e 4 gramos de graxa, non contén carbohidratos, achegando 104 calorías á dieta.
Recomendado para deportistas, para mulleres embarazadas ou en período de lactación e para calquera persoa que lle guste coidar a súa dieta.
Esta deliciosa carne magra ten un sabor e unha textura moi similar ao bistec e adáptase ben a calquera condimento ou adobo.
É un alimento moi versátil que poderás cociñar á prancha, empanado, nun rico guiso, ao viño…
Chegou o momento de incorporar corazón á túa dieta!
O sabor e a calidade deste produto de tenreira é froito dun proceso de cría e alimentación tradicional e en liberdade. Os nosos cooperativistas xestionan as súas explotacións gandeiras na comarca dos Ancares, co saber facer e a experiencia de varias xeracións. A alimentación dos nosos tenreiros é a base de leite das súas nais, complementada con produtos naturais como as patacas ou a remolacha.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.