Chuletón de Tenreira Galega Suprema

O chuletón de tenreira provén do lombo alto ou baixo. A forma de cociñalo máis habitual é á grella ou á prancha. O corte normal é en pezas de 1kg. Se desexas outro tipo de corte, podes indicalo nas observacións do teu pedido.

20,95 /kg

Queres saber máis?

Enviamos o chuletón de tenreira de 1kg á túa casa envasado ao baleiro. Os chuletóns de O sabor dos Ancares son tenros e con moito sabor. Xunto co solombo e o entrecot, o chuletón é unha das carnes nobres e de categoría extra.

Somos cooperativistas que xestionamos pequenas explotacións gandeiras familiares, polo que a nosa produción de carne precisa uns tempos, os tempos da natureza. Por este motivo, limitamos a dispoñiblidade de produtos como o chuletón na web, É posible que ás veces o atopes esgotado ou non teñas dispoñibles todos os kilogramos que che gustaría, pero se precisas unha cantidade maior, ponte en contacto con nós para xestionalo. Podes contactarnos por email ou por WhatsApp.

Usos: o chuletón faise á grella ou á prancha, controlando o lume para darlle o punto axeitado para o gusto de cada comensal.

A través da nosa web podes comprar online chuletóns de tenreira que enviamos directamente á túa casa en transporte refrixerado e mantendo as máximas garantías de calidade. A carne das nosas explotacións familiares leva o selo de Ternera Gallega Suprema, que certifica que provén de animais de entre 8 e 10 meses, que foron criados en liberdade e o máis importante: que a súa alimentación é a base de produtos naturais (como o leite das nosas vacas).

Recomendación: podes comprar os chuletóns de tenreira e conxelalos na propia bolsa na que van envasados, deste xeito aseguras que conserven o seu sabor e propiedades. Nesta mesma embalaxe, pode conservarse na neveira durante uns sete días, sempre e cando non perda o baleiro.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

A túa valoración

4 valoracións en Chuletón de Tenreira Galega Suprema

  1. 5 out of 5

    Mariana Ruiz Rasero

    Son carnés fabulosas aconsejo comprar yo hace tiempo que compró y trato maravilloso

  2. 5 out of 5

    Isabel

    Unha carne de sabor espectacular.O envío do mellor envasado ao baleiro e refrixerado.Volverei a comprar sen dudalo .

  3. 5 out of 5

    Germesindo Dos Santos 21-03-23

    Hola para todas y todas la mejor carne que comi en toda mi vida y tengo unos cuantoa años valeo apena hacer un pedido y un cheleton de quilo echo a la barbacoa esta de categoria siempre pedire mas estos gallegos darle todo el respeto que merecen un saludo

  4. 5 out of 5

    Jaume Flotats

    MI valoración és muy positiva, soy carnicero y he tenido tiendas de carniceria y se de que hablo. La verdad que hacia tiempo que no encontraba esa terneza en la carne, aunque el sabor no sea tan potente como la carne madurada de vaca o buey, estamos hablando de terneras de leche, se nota el sabor en el producto. Gracias.

    • Luis

      Muchas gracias! Así da gusto trabajar!

Engadir unha valoración

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.