Novidades! Pomos ao voso dispor novos produtos: 7 pratos cociñados en dous establecementos emblemáticos dos Ancares como son o Bar Xegunde (Navia de Suarna) e o Mesón Campa da Braña (Cervantes).
Se ainda non os coñeces, convidámoste a coñecer a Pedro e Mari Carmen, as persoas que están aos fogóns destas casas de comidas e que cociñarán cada semana as súas receitas para que poidades desfrutar nas vosas casas.
Queres probar estes pratos? Aproveita porque se fas un pedido a partir de 75€ na nosa web co cupón PRATOSCOCIÑADOS, terás 5€ de desconto, ademais dos gastos de envío gratuítos. Podes empregar o código tamén se compras calquera outro produto ou algún dos nosos lotes!