Aínda que as sardiñas son tradicionais para o San Xoán, nós propoñémosche unha alternativa cómoda e limpa para a Noite Meiga. Aproveita a cacharela para facer unha costela de vicio.
- Abre o envasado ao baleiro do lote de O Sabor dos Ancares da FALDA (carne de churrasco) e trocéao en anacos.
- Prepara un marinado. Para 1,5kg (lote de 10kg):
- Un vaso de aceite de oliva
- Un vaso de viño blanco ribeiro (pero que sexa bo, non de brick)
- 2 dentes de allo picados (non esmagados)
- Un pouco de pementa negra
- Tomillo, un pouco de ourego e unha culler de café de pementón doce.
- Se nos gusta picante media culler de café de pementón picante.
- Mesturar todo nunha bandexa profunda para que nos collan os líquidos (senón tamén pode ser unha pota) e engadir a carne QUE DEBE TROCEARSE PREVIAMENTE. Deixar marinar dúas horas.
- Cando teñades unha brasa da cacharela lista, poñemos a parrilla, sacamos a carne do marinado e ímola colocando
- É importante que esteamos pendentes do punto da carne, é recomendable algúns anacos máis pasados e outros máis ao punto para que todo o mundo os atope ao seu gusto. Botamos sal groso por unha das caras e ao darlles a volta, pola outra.
CONSELLO: Como é Noite de San Xoán aconsellamos acompañala de cachelos e pementos de Padrón que podemos ter preparados previamente.
No San Xoán a sardiña ten sempre un prezo elevado, por iso che recomendamos unha boa carne antes que unha sardiña conxelada.