A cociñeira Pilar Rodríguez Pampín presenta o noso lote, que se compón de carne picada, hamburguesas, espaldilla (recomendada para estofar), filetes, chuletas, agulla e xerrete (recomendados para asar) e falda para elaborar churrasco.
Tal e como explica Pilar, o primeiro que se debe de consumir, pois ten unha menor caducidade é a carne picada e as hamburguesas. O resto das pezas aguantan 15 días envasadas ao baleiro, que é como chegan á túa casa. A terneira é unha carne que non perde propiedades durante o proceso de conxelación polo que non dubides en facelo coas pezas que non vaias consumir inminentemente.
Por outra banda, iremos dando trucos e consellos para que tamén poidas conxelar a carne xa elaborada e saibas como facer aliños naturais sen azucres nin aditivos. Do mesmo xeito, no noso videoblog “Os consellos de Pila“, gravaremos a elaboración de diversas receitas para que saibas como distribuír a carne ao longo do mes.
Que aproveite!