BASES
Primeira. Obxecto
A cooperativa A Carqueixa pon en marcha un concurso para a decoración da porta exterior do seu posto de venda ao público na Praza de Abastos de Lugo.
Segunda. Persoas destinatarias
1. Poderán optar ao concurso as persoas físicas que cumpran cos seguintes requisitos:
1.1. Aceptar integramente as presentes bases así como a resolución por parte da organización de calquera problema non recollido nas mesmas.
Terceira: Prazo e lugar de presentación de solicitudes
As persoas interesadas en participar poderán achegar debuxos, frases e/ou fotografías ao correo osabordosancares@gmail.com, como un arquivo adxunto, seguidas da seguinte información nun documento word, tamén adxunto:
• Título da súa achega ao concurso.
• Nome e Apelidos da persoa participante
• Correo electrónico
• Teléfono de contacto
O prazo de presentación será desde o 13 de outubro ata o 29 de outubro de 2021 ás 23.59h.
O día 30 de outubro publicaranse no facebook e procederase á súa votación ata o 3 de novembro de 2021 ás 23.59h.
O 4 de novembro de 2021 anunciaranse a persoa gañadora.
Cuarto. Requisitos e características das achegas a concurso:
1. Poderase enviar un máximo de dúas achegas por participante.
2. A achega poderá constituír un debuxo, unha frase e/ou unha fotografía que responda á pregunta “Que son para ti as vacas felices?”.
3. Non poderán presentarse fotografías ou debuxos que xa foran presentadas noutros concursos nin ter sido publicadas en redes sociais.
4. Valorarase positivamente que na fotografía ou debuxo se vexan vacas, ou que se referencien estas na frase.
5. Valorarase, entre outros aspectos, a innovación e a orixinalidade.
6. No caso do uso de imaxe de crianzas, será responsable de dito uso da imaxe a persoa participante no concurso ou non se aceptarán imaxes nas que aparezan menores.
7. As fotografías, imaxes ou frases serán subidas ás diferentes redes da cooperativa.
Quinta: Premios e xurado
1. A achega gañadora será aquela que reúna máis reaccións (gústame, encántame, etc) na páxina d Facebook da Carqueixa, sendo escollida deste xeito pola comunidade.
2. As persoas participantes gañadoras serán notificadas a través da Carqueixa, obtendo como premio 5 quilos de carne de balde e unha visita guiada aos Ancares, con visita á palloza museo de Piornedo e explicación das artes dos nosos gandeiros.
Sexta. Responsabilidade e cesión de dereitos
A organización do concurso non se responsabiliza dos prexuízos que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas nestas bases, poidan aparecer por uns contidos inadecuados. A participación no concurso e aceptación das presentes bases implica a cesión á organización dos dereitos de reprodución, exhibición, comunicación pública e transformación de todas as imaxes e frases presentadas. Citarase a autoría da imaxe ou frase na marxe inferior dereita.