Tres falsos mitos sobre a carne vermella

Cando a OMS publicou o seu estudo que relacionaba consumo de carne procesada con cancro saltaron todas as alarmas. Porén, é preciso explicar algúns mitos e falsas afirmacións sobre a carne vermella non procesada.

É certo que non se pode comer carne de becerro?

É mentira. Desde a propia OMS subliñan que o correcto son 500 gramos semanais de carne vermella non procesada, como a carne de Carqueixa. Dita cantidade aporta nutrientes moi importantes como proteínas, ferro, zinc e vitamina B12 que contribúen a unha dieta sa e equilibrada.

É de vital importancia subliñar que non hai ningunha evidencia que relacione un consumo de 500 gramos semanais de carne vermella con enfermidades prexudiciais.

A carne de becerro ten moita graxa e engorda

Rotundamente falso. Se a preocupación é manter a liña, carnes como a de Carqueixa son estupendas.

Non teñen ningún tipo de procesado e os animais son alimentados de xeito natural, sen pensos nin aditivos. A graxa saturada da carne depende da orixe e o preparado posterior. Os nosos becerros son deportistas e coidan a súa alimentación, polo que só che van transmitir a mellor versión da carne vermella. Ademais, dentro das propias carnes a de ave, vacún e porcino teñen un número de proteínas similares pero as menos graxas son as de vacún, polo e coello.

A carne vermella é menos dixestiva

Erro. Aínda que se adoita dicir que as carnes brancas (como polo ou pavo) son máis lixeiras, no aparello dixestivo non hai ningún proceso que diferencie o procesado dunhas e outras. Polo tanto, a dixestibilidade é a mesma.

O que pode marcar a diferenza é se tomas polo á prancha e un chuletón de carne en salsa de mostaza. Pero non lle botes a culpa á materia prima.

Deixa un comentario