Solombo de Tenreira Galega Suprema
O solombo é a xoia da coroa, o corte de carne perfecto para calquera preparación e á proba dos padais máis esixentes. Podes seleccionar se queres recibir o solombo nun anaco único, para cortalo á túa maneira ou cho podemos enviar xa fileteado con estes pesos aproximados:
- Solombo fino 75gr
- Solombo normal 125gr
- Solombo groso 175gr
Desde 38,00 €/kg
Queres saber máis?
Unha das pezas de carne máis solicitadas é o solombo de tenreira. Pola súa localización, é unha peza que non soporta ningún movemento cando o animal camiña, polo que non ten ningún tipo de nervio. Unha carne magra e moi saborosa que se utiliza nunha gran variedade de receitas: asada, á prancha, á prancha, con salsa…
NOTA: O noso modelo de crianza tradicional e natural fai que non sempre teñamos solombo dispoñible para comprar en liña. Se queres facer un pedido de solombo, podes contactar connosco por email ou teléfono e realizar a reserva.
Non fai falta ser un prodixio da cociña para facer un estupendo solombo de tenreira , basta con ter a man unha grella ou un ferro. Os nosos gandeiros e gandeiras xa fixeron a parte difícil: que a carne sexa de calidade suprema.
A calidade e sabor da nosa carne é o resultado dunha crianza libre e unha alimentación con produtos naturais . Por iso as nosas explotacións gandeiras contan co aval do selo Tenreira Galega Suprema, que certifica a procedencia, alimentación e idade dos animais que comercializamos (entre 8 e 10 meses).
O teu pedido chegará envasado ao baleiro, de maneira que o solombo se poda conservar durante unha semana no frigorífico (sempre que non rompa a bolsa). En calquera caso, se non tes previsto consumir a carne nos días seguintes ao envío, recomendámosche meter o solombo no conxelador, no mesmo embalaxe no que cho enviamos. Desta forma garántese a conservación durante máis tempo e sen perder as propiedades nin o sabor da carne.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.
A túa valoración
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Antonio Espejo –
El solomillo es una carne que siempre sale tierna, pero vuestra carne no sólo es tierna, es suprema.
Merche –
La carne está exquisita y el solomillo de lo mejor, de lo mejor
Jose A. Zorrilla –
De las mejores carnes que he comido en la vida. Incluyo Chicago, Vancouver, Nueva York etc. Sinceramente no tengo palabras. Se parte con el tenedor. ¡Y que sabor! Adelante, chic@s, a por ellos!