Picaña de Tenreira Galega Suprema
A picaña de tenreira é unha carne que ten unha capa de graxa no seu lateral, o que a fai moi zumarenta e indicada para facer á brasa. Podemos enviala nunha peza única ou fileteada.
Desde 16,95 €/kg
Queres saber máis?
A picaña de tenreira é un corte de carne da cadeira e é unha das zonas máis brandas. A capa de graxa lateral serve para acentuar o sabor da carne cando se cociña á brasa ou ao forno. É unha peza de carne moi habitual nos asados da Arxentina e do Brasil.
Enviamos a peza de Picaña ao teu domicilio nunha única peza ou fileteada, segundo a túa elección. En ambos casos a envasamos ao baleiro, podendo conservala unha semana na neveira. Na mesma embalaxe, podes gardala no conxelador e deste xeito conservala durante máis tempo. A Picaña non perde propiedades nin sabor cando se conxela.
As nosas explotacións gandeiras na comarca de Os Ancares traballan baixo o selo de Ternera Gallega Suprema, que garante a orixe e calidade dos nosos produtos e do noso sistema de cría natural. Trátase de animais de entre 8 e 10 meses, que se crían en liberdade en Galicia, alimentándose de xeito natural, basicamente con leite das súas nais e complementos naturais de produción local como poden ser as forraxes ou as patacas.
Somos gandeiros e gandeiras orgullosos de selo, por iso o coidado dos noso animais e do noso medio de vida é tan importante para nós.
A túa valoración
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.