Xarrete á pementa – Mesón Campa da Braña
A 1200 metros de altitude está o Mesón Campa da Braña, o proxecto de vida de Pedro dende hai 3 décadas, onde deleita a tódolos seus visitantes con esta rica comida, moi recoñecida na zona. Carne tenra cociñada lentamente nunha suave e saborosa salsa de pementa, acompañada dunha guarnición de patacas das nosas hortas.
- Sen abrir, consérvase 7 días (ver data do envase).
- Listos para consumir. Quentar e desfrutar. No Microondas (2-3 min) ou na pota (5 min).
- Envío en transporte refrixerado. Elaboramos a principio de semana para que o recibas os mércores.
Racións de 300g /unidade aproximadamente.
Desde 9,50 €
Queres saber máis?
Cando entramos no local de Pedro da Campa da Braña en Cervantes, adoitamos velo entre lumes e potas, guisando con cariño, ledicia e tranquilidade. Os medallóns de xarrete emiten un recendo celestial, cociñados nunha salsa que parte dun saboroso sofrito refogado con viño e coñac, na que ao sumarlle a pementa e a nata obtense unha cremosidade suculenta, que combina á perfección coa textura suave e zumarenta desta peza de carne.
O segredo desta receita ten que ver coa calidade do seu ingrediente principal, a carne de Tenreira Galega Suprema dos Ancares, criadas na natureza polos gandeiros da Carqueixa, con alimentación natural nunha contorna e paisaxes únicas.
Recibiralo na casa en trasporte refrixerado, asegurándonos en todo momento que se manteña a cadea de frío. Os nosos pratos elaborados non conteñen conservantes, pero grazas ó noso sistema de envasado mantéñense en perfectas condicións sen abrir durante unha semana no frigorífico.
Tras abrir, conservar entre 0 e 4 ºC protexido con film e consumir nun prazo de 24 horas.
Unha vez na casa para desfrutar desta rica comida so terás que introducilo uns minutos no microondas, facendo pequenos furados previamente na tapa do envase, ou quentalo nunha pota ou tixola.
Ingredientes
Xarrete de tenreira 90%, auga, cebola, nata (LEITE), pemento vermello, pemento verde, cenoria, pementa, viño (SULFITOS), MOSTAZA, coñac, e cravo.
Este prato pode conter outros alérxenos, xa que todos os pratos do Mesón Campa da Braña se elaboran na mesma cociña. Se tes algunha dúbida ou petición especial, ponte en contacto connosco!
Valor Nutricional (valores medios por cada 100 g)
Valor enerxético – 559kj / 134 kcal
Graxas – 7,3 g (das cales, saturadas – 2,16 g)
Hidratos de carbono – 4,21 g (dos cales, azúcres 1,11 g)
Proteínas – 12,8 g
Sal – 1,41 g
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.