Mari Carmen, cociña a tenreira con salsa de figos con calma e amabilidade no Bar Xegunde , unha saborosa e suave tenreira elaborada nunha salsa de figos seguindo a receita da súa nai. O proceso non admite présas. O resultado, unha carne suave, tenra e melosa que se desfai no padal como manteiga, onde se aprecian os delicados matices da nosa carne.
Esta deliciosa comida permítenos saborear a calidade incomparable da Tenreira Galega Suprema da Carqueixa, criada de xeito tradicional e alimentada naturalmente nos verdes prados dos Ancares. Unha actividade económica sostible que permite que máis de 200 familias desenvolvan a súa profesión dignamente, mediante un sistema de produción que coida o medio no que viven e a súa paisaxe.
Prato cociñado con produtos locais da mellor calidade e sen conservantes, envasado en bandexas termoseladas con atmosfera protectora, que garante a súa conservación durante una semana no frigorífico (consultar data de caducidade no envase).
Unha vez aberto, conservar entre 0 e 4ºC protexido con film e consumir nun prazo de 24 horas.
Nós seleccionamos, cociñamos e levámosche a mellor comida dos Ancares a túa casa, mantendo en todo momento a cadea de frío. Simplemente terás que facer uns buratos na tapa do envase e introducilo uns minutos no microondas ou poñelo nunha pota ou tixola durante 5 minutos o lume.
Ingredientes
Carne de tenreira 90 %, viño albariño (SULFITOS), cebola, figos 2%, aceite sal, allo, orégano y noz moscada.
Este prato pode conter outros alérxenos, xa que todos os pratos do Mesón Campa da Braña se elaboran na mesma cociña. Se tes algunha dúbida ou petición especial, ponte en contacto connosco!
Valor Nutricional (valores medios por cada 100 g)
Valor enerxético – 559kj / 134 kcal
Graxas – 7,3 g (das cales, saturadas – 2,16 g)
Hidratos de carbono – 4,21 g (dos cales, azúcres 1,11 g)
Proteínas – 12,8 g
Sal – 1,41 g
Reseñas
Aínda non hai valoracións.