Carne ó caldeiro – Bar Xegunde

A carne ó caldeiro é unha comida tradicional galega que ven acompañada dunha deliciosa pataca cocida, froito das hortas dos Ancares. O segredo deste prato é o tempo de cocción e a calidade da carne.

Prato habitual no menú elaborado por Mari Carme no seu restaurante de Navia de Suarna, moi popular na zona, onde a Tenreira Galega Suprema adquire protagonismo exclusivo, permitindo desfrutar do seu sabor sen interferencias.

  • Sen abrir, consérvase unha semana (ver data do envase).
  • Listos para consumir. Quentar e desfrutar. No microondas (2-3 min) ou na pota (5 min).
  • Envío en transporte refrixerado. Elaboramos e enviamos os martes para que o recibas os mércores.

Racións de 400 g/unidade aproximadamente.

Desde 9,90 

Queres saber máis?

Mari Carmen, cociña a Carne ó caldeiro con calma e amabilidade no Bar Xegunde, seguindo a receita da súa nai: cocer a faldra de tenreira cun pouco de touciño, botándoa cando a auga ferve e mantela no lume durante horas e horas. Cando a carne está no seu punto, apaga o fogón e déixaa repousar. O proceso non admite apuro. O resultado, unha carne suave, tenra e melosa que se desfai no padal como manteiga, onde se aprecian os delicados matices da nosa Tenreira Galega Suprema.

Todo o sabor da historia da Serra dos Ancares nesta comida única, tamén coñecida como Carne á maragata, onde a tradición galega mestúrase coa leonesa nunha das receitas máis populares e antigas da nosa terra.

Na Carqueixa criamos reses en liberdade nos verdes pastos dos Ancares, apostando polo mesmo sistema tradicional de reprocidade que seguían os nosos antepasados, onde nós aproveitamos os recursos que nos dá o medio e a contorna beneficiase do noso traballo, ó manter os montes limpos, coidados e vivos.

Quentar antes de consumir, 2-3 minutos no microondas, facendo uns buratos previamente na tapa da bandexa ou 5 min nunha pota ou tixola.

Cociñamos, envasamos e enviamos dende Os Ancares a comida elaborada, para que poidas recibila os mércores na túa casa. Co noso envase termoselado con atmosfera protectora manterase nas perfectas condicións, no frigorífico durante sete días (consultar data de caducidade no envase).

Unha vez aberto, conservar entre 0 e 4 ºC protexido con film e consumir nun prazo de 24 horas.

Ingredientes

Carne de tenreira 95%, aceite de oliva, touciño de porco e sal

Este prato pode conter outros alérxenos, xa que todos os pratos do Bar Xegunde se elaboran na mesma cociña. Se tes algunha dúbida ou petición especial, ponte en contacto connosco!

Valor Nutricional (valores medios por cada 100 g)

Valor enerxético – 559kj / 134 kcal
Graxas – 7,3 g (das cales, saturadas – 2,16 g)
Hidratos de carbono – 4,21 g (dos cales, azúcres 1,11 g)
Proteínas – 12,8 g
Sal – 1,41 g

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Carne ó caldeiro – Bar Xegunde”

Transporte frigorífico

A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.

Pasarela de pago segura

Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.

Empaquetados ao baleiro

O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.