Caldo galego – Mesón Campa da Braña
O caldo galego é unha das comidas máis enxebres da nosa terra. No Mesón Campa da Braña é un habitual do menú de Pedro, elaborado con verduras das nosas hortas, tenras fabas e anacos de pataca que se desfán na boca. Queremos transportar todo o sabor, o mimo e a tradición a túa casa. Sempre con ingredientes de calidade e de tempada.
- Sen abrir, consérvase 7 días (ver data do envase).
- Listos para consumir. Quentar e desfrutar. No Microondas (2-3 min) ou na pota (5 min).
- Envío en transporte refrixerado. Elaboramos e enviamos a principio de semana para que o recibas os mércores.
Racións de 300 g/unidade aproximadamente.
Desde 6,50 €
Queres saber máis?
O Mesón Campa da Braña sitúase na alta montaña, onde a auga ten un sabor e frescura únicos. Esa auga é a que emprega Pedro para elaborar o seu caldo exquisito, de gusto agradable e reconfortante, con verza, nabiza, grelo ou repolo, segundo a colleita do momento, xunto con suaves pero consistentes fabas e patacas de tacto agradable.
O caldo galego segue unha receita tradicional que se transmite de xeración en xeración. Substancialmente, os seus ingredientes e o proceso non varían, sendo a man do cociñeiro o toque distintivo. Pedro da Campa da Braña, de carácter amable e familiar, vive namorado das montañas e da vida tranquila na natureza; sen dúbida, ese amor está moi presente na súa cociña.
Tes a oportunidade de desfrutar de todo o sabor das cociñas de Ancares directamente na túa mesa; só terás que quentalo. Se desfrutas coa calma dun bo caldo aconsellamos facelo nunha pota durante 5 minutos, pero tamén podes introducilo directamente 2-3 minutos no microondas, perforando previamente a tapa do envase.
Elaboramos e envasamos tódolos pedidos de pratos cociñados da semana a inicios da semana seguinte para que os mércores cheguen a túa porta totalmente frescos e sempre en transporte refrixerado. Con ingredientes naturais e sen conservantes. Envasados en bandexas termoseladas con atmosfera protectora que mantén a comida en perfectas condicións durante 7 dias no frigorífico (consultar data de caducidade no envase).
Tras abrir, conservar entre 0 e 4 ºC protexido con film e consumir nun prazo de 24 horas.
Na Carqueixa apostamos por produtos de calidade, sen intermediarios que axudan a soster a poboación nos Ancares. Apostando por modelos de produción familiares, descentralizados e respectuosos coa terra.
Ingredientes
Auga, patacas, verzas, fabas, manteiga de porco, sal.
Este prato pode conter outros alérxenos, xa que todos os pratos do Mesón Campa da Braña se elaboran na mesma cociña. Se tes algunha dúbida ou petición especial, ponte en contacto connosco!
Valor Nutricional (valores medios por cada 100 g)
Valor enerxético – 182kj / 43,3 kcal
Graxas – 1,63 g (das cales, saturadas – 0,34 g)
Hidratos de carbono – 1,23 g (dos cales, azúcres 0,79 g)
Proteínas – 5,92 g
Sal – 0,67 g
A túa valoración
Outros clientes recomendan
Produtos relacionados
Transporte frigorífico
A túa carne vai viaxar en camións frigoríficos ben ao fresquiño.
Pasarela de pago segura
Garantizamos a confidencialidade e a seguridade dos teus datos.
Empaquetados ao baleiro
O sistema de empaquetado ao baleiro permite unha boa conservación.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.