Listado de prezos dos cortes

Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
Share on print

Os socios e socias da cooperativa A Carqueixa puxemos en marcha esta páxina web para que os nosos clientes poidan mercar directamente a nosa mellor carne Ternera Gallega Suprema, ao mellor prezo e sen intermediarios.

Co teu pedido, estás apostando polo proxecto vital das máis de 200 familias dos Ancares que formamos parte da cooperativa. Estás contribuíndo á dignificación da vida no rural e xerando oportunidades para futuro das nosas aldeas e a nosa mocidade. E por suposto, facendo que as gandeiras e os gandeiros recibamos un prezo xusto.

Na nosa web podes comprar un lote de carne de 5kg e un lote de carne de 10kg. Pero se queres cortes de carne fóra dos lotes podes facelos por teléfono ou Whatsapp falando con Román, o noso xerente, no 670 30 03 80.

Deixámosche o listado de prezos:

  • Solombo: 22€/kg
  • Entrecosto: 18€/kg
  • Chuletón: 15€/kg
  • Filetes: 11€/kg
  • Hamburguesas: 11€/kg
  • Falda: 8€/kg
  • Carne Picada: 7€/kg
  • Xarrete: 10€/kg
  • Agulla: 10€/kg
  • Espaldilla: 10€/kg

Grazas por axudar a manter uns Ancares vivos!

1 comentario en “Listado de prezos dos cortes”

Deixa un comentario