O vindeiro venres, 27 é o mundialmente coñecido #blackfriday. Nós decidimos adaptalo á nosa iniciativa de O Sabor dos Ancares.
Por iso volvemos repetir o noso #cowfriday e este ano non imos andar con bromas. Atento: regalámosche un lote de carne, tenreira galega suprema, pola compra doutro de 5 ou de 10 kilos. É dicir, un 2×1
Que tes que facer? Pois se mercas o noso “Lote Chef” recibirás, de regalo un “Lote Receitas Tradicionais”.
E por que estes lotes? Pois por varios motivos: por unha banda, porque no lote chef están os cortes máis “nobres” da nosa carne como: xarrete, redondo, espaldilla, pez/llana, agulla e tamén picada para que elabores tartar, albóndigas, empanada, etc. Pola outra porque estamos en inverno e uns callos e unha boa sopiña sempre prestaron ben e, así, saes do típico filete á prancha
Cando? Do 23 de novembro ao 27 de novembro. As persoas que pidades o lote chef nesa semana recibiredes o outro de agasallo.
Cal é o desconto? O 30% xa que, nunha compra de 50€ de carne, regalámosche 20€.
En resumo: súbete ao carro do #cowfriday, pide o lote chef e proba, de balde, o noso novo lote. A mellor carne dos Ancares, directa á túa mesa!!!!
3 comentarios en “Apúntate ao noso venres de vacas!”
Hola
Ola, María José, en que che podemos axudar?
Ola, xa fixen varios pedidos e a verdade e que está moi boa. Noraboa a toda a coperativa