Despois sair da súa Navarra natal e de viaxar por medio mundo, fai máis de trinta anos Pedro, chegou a Os Ancares e quedou namorado das nosas montañas polo que decidiu instalarse en Cervantes e levar a cabo o seu proxecto de vida no Mesón Campa da Braña. Sendo hoxe un dos establecemetos máis emblemáticos dos Ancares.
Esta casa de comidas e (que ten tamén aloxamento), está situada a 1.200 metros de altitude, nun lugar moi axeitado para coñecer e facer os cumios da nosa Serra. E nada máis reconfortante despois dun día na montaña, que as receitas que elabora Pedro no seu mesón.
A súa carta está baseada na cociña caseira, elaborada con produtos de proximidade e de gran calidade, pero cun toque personal. Un xeito de entender a cociña que Pedro quixo trasladar aos pratos cociñados que podes atopar na nosa web, e que recollen o sabor dos Ancares.
Sempre comprometido cos productores da zona, leva comprando xatos dos cooperativistas desde hai moitos anos. Sendo o primeiro cliente que tivo a A Carqueixa.
Se te achegas á Campa da Braña, descubrirás que Pedro, ademais dun gran cociñeiro, é bo conversador e gran coñecedor da nosa serra. Pero se vas tardar en ir por alí, podes probar os seus pratos, facendo un pedido na nosa web.
Campa da Braña, 1
27666, Cervantes – Lugo
Información e reservas: 982 18 11 35
‘O sabor dos Ancares’ é a web da cooperativa A Carqueixa onde podes comprar online carne Tenreira Galega Suprema da mellor calidade e sen intermediarios. As nosas vacas aliméntanse de xeito natural e crían en liberdade nos montes dos Ancares. Mercando a nosa carne, estás contribuíndo a manter un rural vivo.
618 590 273
Pedidos telefónicos ou WhatsApp
Actuación cofinanciada dentro do “Grupo Operativo Gayas – Comida de origen desde la aldea a casa” ao 80% pola Unión Europea co «Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural: Europa inviste nas zonas rurais» (FEADER) e ao 20% polo Programa Nacional de Desarrollo Rural do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a través da Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria (DGDRIFA). Podes ver máis información na web da Comisión Europea.
Custe: 454.802,75€. Organismo responsable do contido desta publicación: Sociedade Cooperativa A Carqueixa.
A Carqueixa 2023 · Aviso legal e política de privacidade · Política de cookies · Condición de contratación