
Pedro Sánchez
Mesón Campa da Braña – Cervantes
Despois sair da súa Navarra natal e de viaxar por medio mundo, fai máis de trinta anos Pedro, chegou a Os Ancares e quedou namorado das nosas montañas polo que decidiu instalarse en Cervantes e levar a cabo o seu proxecto de vida no Mesón Campa da Braña. Sendo hoxe un dos establecemetos máis emblemáticos dos Ancares.
Esta casa de comidas e (que ten tamén aloxamento), está situada a 1.200 metros de altitude, nun lugar moi axeitado para coñecer e facer os cumios da nosa Serra. E nada máis reconfortante despois dun día na montaña, que as receitas que elabora Pedro no seu mesón.
A súa carta está baseada na cociña caseira, elaborada con produtos de proximidade e de gran calidade, pero cun toque personal. Un xeito de entender a cociña que Pedro quixo trasladar aos pratos cociñados que podes atopar na nosa web, e que recollen o sabor dos Ancares.
Sempre comprometido cos productores da zona, leva comprando xatos dos cooperativistas desde hai moitos anos. Sendo o primeiro cliente que tivo a A Carqueixa.
Se te achegas á Campa da Braña, descubrirás que Pedro, ademais dun gran cociñeiro, é bo conversador e gran coñecedor da nosa serra. Pero se vas tardar en ir por alí, podes probar os seus pratos, facendo un pedido na nosa web.
Mesón Campa da Braña – Cervantes
Campa da Braña, 1
27666, Cervantes – Lugo
Información e reservas: 982 18 11 35