Mari Carmen Fernández

Bar Xegunde - Navia de Suarna

Aos fogóns deste bar-restaurante da Proba está Mari Carmen, unha verdadeira experta na cociña tradicional da nosa comarca.

Cada prato que sae da súa cociña é unha mostra deliciosa da nosa gastronomía e tamén a proba de que foron as mulleres da comarca as que conservaron e enriqueceron a cultura culinaria local durante décadas.

Mari Carmen escolleu receitas tradicionais do seu restaurante para preparar e enviar como pratos xa cociñados a través da nosa web a calquera punto da península. Cas mellores materias primas e alimentos locais, elabora as receitas co auténtico sabor dos Ancares.

Grazas á súa dedicación e paixón pola cociña, Mari Carmen é unha verdadeira embaixadora da nosa riqueza e cultura gastronómica, impartindo cursos, cocinando en degustacións e participando en actividades para difundila e poñela en valor.

O bar Xegunde está situado no centro da Proba, en Navia de Suarna. Se vas visitar Os Ancares, non perdas a oportunidade de achegarte a probar os pratos que elabora Mari Carmen. Pero se a túa visita vai tardar, anímate a pedir os seus pratos a través da nosa web.

Bar Xegunde - Navia de Suarna

Praza España, 9

27650, a Proba – Lugo

Información e reservas: 982 36 51 17